Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Luns, 25 de marzo de 2019 Páx. 15850

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (ETX 2/2019).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 2/2019, seguido por instancia de Lorena Cano Acevedo contra Cervecera Coruñesa, S.L., sobre execución de sentenza número 314/2018 de data 22 de novembro de 2018, ditáronse autos despachando execución e decreto de embargo con datas 23 e 30 de xaneiro de 2019, respectivamente, e contra os que pode interpoñer recurso de reposición e de revisión directo, respectivamente, no prazo de tres días. No devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro de ambas as resolucións.

E para que sirva de notificación e requirimento en legal forma a Cervecera Coruñesa, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza