Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Xoves, 21 de marzo de 2019 Páx. 15506

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 27 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se somete a información pública un proxecto para a instalación dun establecemento de acuicultura en zona terrestre no concello de Carballo.

En cumprimento do artigo 10 do Decreto 274/2003, do 4 de xuño, polo que se regula o procedemento de obtención do permiso e concesión de actividade para os establecementos de acuicultura e auxiliares de acuicultura na zona terrestre (DOG núm. 9, do 6 de xuño), sométese a información pública o proxecto para a instalación do establecemento que se describe:

Solicitante: Carbiotech, S.L. (B98792781).

Tipo: criadeiro e granxa mariña.

Proxecto: planta de produción de aceite da microalga Crypthecodinium cohnii (Seligo) Javornicky, 1962, en circuíto pechado.

Localización: polígono industrial de Bértoa (Carballo, A Coruña).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións nesta dirección xeral, situada na rúa do Valiño, 63, San Lázaro, 15781 Santiago de Compostela, no prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2019

Mercedes Rodríguez Moreda
Directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica