Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Xoves, 21 de marzo de 2019 Páx. 15508

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 5 de marzo de 2019, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica a resolución do expediente PE401F 2019/5-5.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do expediente PE401F 2019/5-5.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

A persoa interesada ou o seu representante legalmente establecido poderá comparecer nas oficinas da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c), da mesma lei.

Vigo, 5 de marzo de 2019

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PE401F 2019/5-5

52497543C

Resolución

Canibelos, 6

36930 Bueu (Pontevedra)