Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Xoves, 21 de marzo de 2019 Páx. 15455

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Outes (expediente IN407A 2017/194-1).

Expediente: IN407A 2017/194-1.

Promotora: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Instalación: recuamento apoio núm. 67 da LMTA TA2809.

Concello: Outes.

Feitos:

1. O 14 de decembro de 2017, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante resolución publicada nos seguintes medios:

– Acordo de información pública: 10 de decembro de 2018.

– DOG: 3 de xaneiro de 2019.

– BOP: 17 de decembro de 2018.

– Xornal La Voz de Galicia: 19 de decembro de 2018.

– Taboleiro de anuncios do concello de Outes: segundo certificado da Secretaria municipal do 22 de xaneiro de 2019.

Ao mesmo tempo, realizáronse notificacións individuais ás persoas titulares que figuran na relación de bens e dereitos afectados.

3. Durante o período en que se someteu ao trámite de información pública, María del Carmen Marcelo Suárez achegou unha alegación. Desta alegación déuselle traslado á empresa promotora, que respondeu en defensa dos seus intereses.

4. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.

5. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe favorable sobre a solicitude de autorización.

Consideracións legais e técnicas:

1. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

– Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

– Decreto 146/2016, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia (DOG núm. 217, do 14 de novembro).

– Decreto 175/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG núm. 232, do 4 de decembro).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

2. Características técnicas:

Treito de liña eléctrica de media tensión aérea TA2809, a 20 kV, cunha lonxitude de 380 m, con orixe no apoio núm. 66 existente da LMTA TA2809, condutor tipo LA-110 mm2, e remate no apoio núm. 68 existente da LMTA TA2809, intercalando un novo apoio núm. 67 na dita liña.

O orzamento da instalación, segundo o proxecto, é de 4.312,13 €.

3. Na visita de campo realizada para examinar o lugar da instalación non se apreciou, nos predios sometidos a expropiación, ningunha das limitacións á constitución da servidume indicadas no artigo 58.a) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

4. Respecto da alegación de María del Carmen Marcelo Suárez (predio núm. 1), manifesta a súa intención de chegar a un acordo con Unión Fenosa Distribución, S.A. en canto á indemnización pola ocupación dos bens da súa propiedade e o remate do expediente, coma se reflicte no seu escrito do 16 de xaneiro de 2019.

Na súa resposta, Unión Fenosa Distribución, S.A. declara que contactou coa propietaria afectada sen chegar a ningún acordo, polo que facilitan un teléfono de contacto, ao dispor de María del Carmen Marcelo Suárez, para seguir coa negociación.

Conforme o indicado no parágrafo anterior, non existe ningunha limitación á ocupación do predio da alegante polo que Unión Fenosa Distribución, S.A. deberá negociar os termos do establecemento das servidumes, sen prexuízo da aplicación do artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no caso de non acadaren un acordo amigable as partes.

Se o proxecto se autoriza e é declarado de utlidade pública sen acordo amigable das partes, o órgano competente para avaliar o prexuízo no dito predio será o Xurado de Expropiación de Galicia.

5. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De conformidade con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir da data de ocupación dos terreos.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas para a montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que considere pertinente.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 27 de febreiro de 2019

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña