Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Xoves, 21 de marzo de 2019 Páx. 15333

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2019, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se fai pública a convocatoria extraordinaria da reunión da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas.

En cumprimento do establecido nos artigos 27 e 28 do Decreto 111/2015, do 6 de agosto, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do Consello de Comunidades Galegas, coa conformidade do presidente da Xunta de Galicia,

RESOLVO:

Facer pública a convocatoria extraordinaria e de carácter urxente da reunión da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas, que terá lugar os días 5 e 6 de abril de 2019 en Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2019

O secretario xeral da Emigración
P.S. (Decreto 76/2017, do 28 de xullo)
José Carlos García Bouzas
Subdirector xeral de Xestión Económico-Administrativa e do Retorno