Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Mércores, 20 de marzo de 2019 Páx. 15314

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 12 de febreiro de 2019 polo que se notifica o apercibimento previo á execución subsidiaria derivada do expediente sancionador en materia de dominio público hidráulico DH.D15.22709.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en adiante, LPAC), despois de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles aos herdeiros do titular do NIF/NIE 32579467J o apercibimento previo á execución subsidiaria do 3 de abril de 2018, para o cumprimento da obriga de repor derivada do expediente sancionador DH.D15.22709.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC os interesados poderán comparecer, no prazo de trinta días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do mencionado requirimento e constancia de tal coñecemento, prazo durante o cal poderá acreditar o seu cumprimento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Contra este apercibimiento poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a directora de Augas de Galicia, de conformidade co previsto nos artigos 123 e 124 da LPAC, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da sua comparecencia ou da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2019

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia