Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Mércores, 20 de marzo de 2019 Páx. 15311

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 30 de xaneiro de 2019 polo que se notifican as resolucións dos expedientes de autorización en materia de dominio público hidráulico DH.W36.12948 e seis máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións publicas, despois de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanse, aos titulares dos NIF/NIE definidos no anexo as resolucións ditadas nos expedientes DH.W36.12948 e seis máis.

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderán interpor recurso de alzada ante a presidenta de Augas de Galicia, de conformidade co previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común de las administracións públicas, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa comparecencia ou da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2019

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia

ANEXO

Expediente

NIF/NIE

Data da resolución

Sentido da resolución

DH.W36.12948

35194860F

25.10.2018

Desistencia

DH.B36.15800

44082352T

10.12.2018

Favorable

DH.W15.63345

32194906N

27.11.2018

Favorable

DH.B15.20941

32693801Z

20.11.2018

Favorable

DH.B36.62866

76842423K

21.12.2018

Favorable

DH.W36.13706

35806024S

25.10.2018

Desistencia

DH.W36.61368

77415093Z

24.10.2018

Desistencia