Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Mércores, 20 de marzo de 2019 Páx. 15247

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se notifica o prazo de conservación e dispoñibilidade dos documentos xustificativos das axudas concedidas segundo a Orde do 24 de maio de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2016.

De conformidade co establecido nos artigos 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 24 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, notifícase o prazo de conservación e dispoñibilidade dos documentos xustificativos das axudas concedidas segundo a Orde do 24 de maio de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020 e se convocan as correspondentes ao ano 2016, aos beneficiarios destas axudas que figuran no anexo da presente resolución, tendo en conta as seguintes consideracións:

As resolucións de outorgamento das axudas para proxectos ao abeiro das EDLP, aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca segundo a orde referida no parágrafo anterior establecen, no seu punto 11, parágrafo segundo, a obriga aos seus beneficiarios seguinte:

«Independentemente do sistema establecido para a xustificación da subvención, deberán manterse á disposición da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo, os documentos xustificativos relativos aos gastos subvencionados ata o 31 de decembro de 2023, salvo que o prazo que resulte do establecido no artigo 140 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 sexa distinto; neste caso comunicarase coa antelación suficiente».

A autoridade de xestión emitiu, o 18 de maio de 2018, a Circular nº 1/2018: Dispoñibilidade de documentos art. 140 RDC, na cal decidiu aplicar a todas as operacións cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), que os documentos xustificativos estean á disposición da Comisión e do Tribunal de Contas durante un prazo de dous anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos da operación unha vez concluída.

En consecuencia, para os efectos de que os beneficiarios poidan dar cumprimento á devandita obriga das correspondentes resolucións de concesión das axudas para proxectos ao abeiro das EDLP, aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca, en aplicación do artigo 140.1 do Regulamento (UE) nº 1303/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (RDC), e da Circular nº 1/2018 mencionada, e tendo en conta que a operación foi incluída na Conta 2017-2018 presentada á Comisión o 15 de febreiro de 2019, comunícase que os documentos xustificativos relativos aos gastos apoiados polo FEMP ao abeiro da dita orde se conservarán e estarán á disposición da Comisión e do Tribunal de Contas Europeo, se así o solicitan, durante un prazo de dous anos a partir do 31 de decembro de 2019, isto é, ata o 31 de decembro de 2021.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2019

Susana Rodríguez Carballo
Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

ANEXO

Expediente e proxecto

Beneficiario

GALP1-005 Almacén frigorífico de peixe e cetaria de mariscos

Pescados y Mariscos de Rinlo, S.L.

GALP1-006 Implantación de melloras no sistema de rastrexabilidade e etiquetaxe dos produtos pesqueiros

Peixes Radamar, S.L.

GALP1-007 Implantación de melloras no sistema de rastrexabilidade e etiquetaxe dos produtos pesqueiros

Troncheros, S.L.

GALP1-008 Impulso á exportación

Transportes y Pescados Nelo, S.L.

GALP1-020 Implantación de melloras no sistema de etiquetaxe e rastrexabilidade de peixe e marisco

Grupo Pescados y Mariscos Pepa, S.L.

GALP1-022 Hola Ola Actividades Turísticas no mar

Hola Ola Ribadeo, S.L.U.

GALP1-025 Natureza e contorna mariñeira

IG10 Gestión Servicios, S.L.U.

GALP1-023 Servizos LIDAR e ortofotográficos para o estudo do medio natural e mariño

Topcad Ingeniería, S.L.

GALP1-027 Evolucionamos Innovando

Pescados Orol, S.L.

GALP1-030 Ampliación da produción de xeo na lonxa de Burela

Armadores de Burela, S.A.

GALP1-031 Sinaliza: sinalización sustentable de espazos naturais turísticos, con potencial para a práctica de deporte na natureza

Jacobo Suárez Vilela

GALP2-001 Obradoiros de cociña mar e terra

Concello de Paderne

GALP2-002 Embarcación de vixilancia

Confraría de Ferrol

GALP2-010 Cabanas A Fraga feita mar. Posicionamento estratéxico

Concello de Cabanas

GALP2-013 Estudo de sustentabilidade para espazo de incubación emprendedora

Concello de Paderne

GALP3-003 Conservación e control do acceso ás zonas marisqueiras e percebeiras

Confraría de Camariñas

GALP3-004 A pensión do mar en Carballo

Raxería Río Sil, S.L.

GALP3-005 Responsabilidade e control no acceso aos recursos dentro do ámbito territorial da confraría de Camelle

Confraría de Camelle

GALP3-007 Carballo é mar

Concello de Carballo

GALP3-008 Turismo industrial na Costa da Morte

Industrias Cerdeimar, S.L.

GALP4-001 O Semáforo de Fisterra

NCC Galicia, S.L.

GALP4-005 Hotel Sempre Fisterra

Semprefisterra, S.L.

GALP4-016 Centro de Visitantes Multifuncional Xeodestino Ría Muros-Noia

Concello de Noia

GALP4-010 Plan Estratéxico de Turismo Xeodestino Ría Muros-Noia

Asociación Rural de Desenvolvemento da Ría de Muros-Noia

GALP5-002 Establecemento de efectos navais en Cabo de Cruz

Efectos Navais Cabo, S.L.

GALP5-003 Aproveitamento e posta en valor dos moluscos doados e non aptos para comercialización en primeira venda

Mariscos Camino, S.L.

GALP5-050 New Live Produccións Culturais

New Live Producciones Culturales, S.L.U.

GALP5-015 Oceanic Arousa Tours

Jesús Antonio Places Vidal

GALP5-023 Mellora na selección de marisco previa á comercialización en primeira venta

Confraría de Vilanova

GALP6-009 Automatización do proceso de poxa de produtos pesqueiros na lonxa de Bueu

Confraría de Bueu

GALP5-022 Rehabilitación dun inmoble no centro urbano de Vilanova de Arousa que formaba parte dunha antiga salazón co obxectivo de convertelo nun albergue turístico

Francisco Navia Leiro

GALP5-011 Mellora da competitividade, iniciativa innovadora

Confraría de Cambados

GALP1-018 Océano Surf Museo

Concello de Valdoviño

GALP6-002 Mellora da comercialización dos produtos da pesca

Artesa Rías Baixas, S.L.

GALP7-004 Xestión das algas recollidas nas accións de limpeza e mantemento dos bancos marisqueiros

Confraría de Vilaboa

GALP7-004 Xestión das algas recollidas nas accións de limpeza mantemento dos bancos marisqueiros

Concello de Vilaboa

GALP7-008 Nigrán: Mar de sabores

Confraría de Baiona

GALP7-008 Nigrán: Mar de sabores

Concello de Nigrán

GALP7-015 Empreamar: O medio mariño como recurso para o emprendemento

Concello de Moaña

GALP6-011 Mellora dos servizos á flota pesqueira artesanal, acuícola e deportiva do porto de Bueu

Confraría de Bueu

GALP7-003 Impulso e dinamización das actividades pesqueiras, comerciais e industriais da Guarda

Confraría da Guarda

GALP7-003 Impulso e dinamización das actividades pesqueiras, comerciais e industriais da Guarda

Organización de Palangreros Guardeses (ORPAGU)

GALP1-013 O Vicedo, Historia e Cultura Mariñeira

Concello do Vicedo

GALP1-013 O Vicedo, Historia e Cultura Mariñeira

Asociación Comerciantes, Industriais e Autónomos (ACIA) do Vicedo

GALP6-025 Curso de socorrismo acuático en espazos naturais

Concello de Marín

GALP1-028 Entre Arcos e Acantilados

Concello de Ribadeo

GALP1-028 Entre Arcos e Acantilados

Concello de Cedeira

GALP1-028 Entre Arcos e Acantilados

Concello de Burela

GALP6-031 Mellora da gobernanza na xestión pesqueira artesanal no ámbito do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia

Confraría de Portonovo

GALP7-001 Mellora na rede de medios e formación da rede de varamentos de Galicia

Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA)