Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Mércores, 20 de marzo de 2019 Páx. 14649

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 22 de febreiro de 2019, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se amplía, para as persoas residentes en Venezuela, Arxentina e Uruguai, o prazo de presentación de solicitudes da Resolución do 27 de decembro de 2018 pola que se regulan e se convocan as subvencións do Programa de axudas económicas individuais para persoas residentes no exterior para o ano 2019.

Advertidos erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 44, do 4 de marzo de 2019, cómpre efectuar as seguintes correccións:

Na páxina 12136, no artigo único, onde di:

«Artigo único. Ampliación do prazo de presentación de solicitudes

Ampliar, para as persoas residentes en Venezuela, Arxentina e Uruguai o prazo de presentación de solicitudes previsto no artigo 13 da Resolución do 27 de decembro de 2018 pola que se regulan e se convocan as subvencións do Programa de axudas económicas individuais para residentes no exterior durante o ano 2019 (DOG núm. 14, do 21 de xaneiro de 2019), ata o 20 de marzo de 2019, inclusive»,

Debe dicir:

«Artigo único. Ampliación do prazo de presentación de solicitudes

Ampliar, unicamente para as persoas residentes en Venezuela, Arxentina e Uruguai o prazo de presentación de solicitudes previsto no artigo 13 da Resolución do 27 de decembro de 2018 pola que se regulan e se convocan as subvencións do Programa de axudas económicas individuais para residentes no exterior durante o ano 2019 (DOG núm. 14, do 21 de xaneiro de 2019), ata o 26 de marzo de 2019, inclusive».