Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 18 de marzo de 2019 Páx. 14578

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación puntual do Catálogo do Plan xeral de ordenación municipal: corrección de erros na ficha D-061 (casa na Lavacolla). Creación das fichas D-061 (a), D-061 (b-c) e D-061 (d).

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 17 de xaneiro de 2019, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

– Aprobar definitivamente a modificación puntual do Catálogo do Plan xeral de ordenación municipal: corrección de erros na ficha D-061 (casa na Lavacolla) e creación das fichas D-061 (a), D-061 (b-c) e D-061 (d), sen modificacións respecto da provisionalmente aprobada.

O acordo de aprobación definitiva publicarase no Diario Oficial de Galicia e a normativa e as ordenanzas publicaranse no Boletín Oficial da provincia.

Así mesmo, remitirase á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a documentación exixida polo artigo 88.3 da LSG, para os efectos de inscribir a modificación no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

En todo caso, e de conformidade co exixido polo artigo 199.4 do RLSG, a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do plan quedan condicionados ao cumprimento dos anteriores trámites e ao sinalado no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, en relación co 65.4 da mesma lei.

Así mesmo, notificaráselles persoalmente o acordo ás persoas que formularon alegacións e daráselles traslado do acordo de aprobación provisional.

Contra o acordo da aprobación definitiva da citada modificación puntual do PXOM poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2019

O alcalde
P.D. (Decreto do 28.6.2017)
Jorge Duarte Vázquez
Concelleiro delegado de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda
Mobilidade e Relacións Veciñais