Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 18 de marzo de 2019 Páx. 14566

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 22 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se somete a información pública un proxecto con fins de investigación para un establecemento de acuicultura en zona terrestre no concello de Ribeira.

En cumprimento do artigo 10 do Decreto 274/2003, do 4 de xuño, polo que se regula o procedemento de obtención do permiso e concesión de actividade para os establecementos de acuicultura e auxiliares de acuicultura na zona terrestre (DOG núm. 9, do 6 de xuño), sométese a información pública o proxecto para o establecemento que se describe:

Solicitante: Clúster de la Acuicultura de Galicia (G36884260).

Tipo: criadeiro.

Proxecto: proxecto de experimentación en nutrición, xenética e cultivo larvario.

Localización: Edificio do Centro de Experimentación en Acuicultura. Punta Couso, Aguiño, concello de Ribeira (A Coruña).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións nesta dirección xeral, situada na rúa do Valiño, 63, San Lázaro, 15781 Santiago de Compostela, no prazo de vinte días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2019

Mercedes Rodríguez Moreda
Directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica