Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 18 de marzo de 2019 Páx. 14451

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 6 de febreiro de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2018.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

A Resolución do 6 de febreiro de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración que foron subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2018, publicouse no Diario Oficial de Galicia do 18 de febreiro de 2019.

Advertido erro na dita resolución (DOG núm. 34, do 18 de febreiro de 2019), cómpre incluír o convenio de colaboración relacionado no anexo, que se engade aos xa publicados.

ANEXO

Convenio de colaboración subscrito pola Consellería do Mar nos meses de setembro, novembro e decembro do ano 2018

Descrición

Importe

Data

Convenio de colaboración entre o Consorcio de Bibliotecas de Galicia e a Consellería do Mar para a xestión conxunta de recursos electrónicos de información científica ao Centro de Investigacións Mariñas.

46.379,97 €

21.12.2018