Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 18 de marzo de 2019 Páx. 14561

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 27 de febreiro de 2019, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican actos administrativos ditados no procedemento BS210A (expediente PO-47238 e un máis).

Logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, de conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio deste anuncio notifícanselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo, ou aos seus representantes, os requirimentos que se indican.

Para coñeceren o contido íntegro dos actos que se notifican, as persoas interesadas ou os seus representantes debidamente acreditados poderán comparecer, no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, sitas na Praza da Estrela, s/n, 3ª planta, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida para todos os efectos legais a partir do día seguinte ao do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Advírtese que, no caso de requirimentos de documentación necesaria para a instrución do expediente, de non cumprir co requirido e de conformidade co establecido no artigo 35.2 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes, e a norma de procedemento administrativo común, transcorridos tres (3) meses sen que a persoa realice as actividades esenciais requiridas para continuar a tramitación, a Administración declarará a caducidade do procedemento e acordarase o arquivamento das actuacións, o que lle será notificado á persoa interesada.

Vigo, 27 de febreiro de 2018

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Procedemento/Nº de expediente

DNI

Acto obxecto de notificación

Data do documento

BS210A PO-47238

35412702Q

Requirimento de documentación complementaria

27.11.2018

BS210A PO-47239

35394704G

Requirimento de documentación complementaria

27.11.2018