Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 18 de marzo de 2019 Páx. 14542

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 12 de febreiro de 2019, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican as resolucións ditadas nos procedementos BS650A e BS650G, competencia desta xefatura territorial.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e ao abeiro do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tentada a notificación no último domicilio coñecido das persoas que se citan no anexo sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícase mediante edicto para que no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado (BOE), comparezan en persoa ou debidamente representadas nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social de Vigo, na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñeceren o texto íntegro das resolucións e advertíndolles que, de non o faceren así, se terán por notificadas.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer reclamación previa á vía xurisdicional social, ante esta xefatura territorial, no prazo de trinta (30) días contados desde o día seguinte ao da data da súa notificación segundo o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Vigo, 12 de febreiro de 2019

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Procedemento BS650A:

Núm. DNI/NIE

Nº de expediente

Resolución e data

44082591D

36000169-I/18

Denegación 17.12.2018

09278163D

36000388-I/17

Desistencia 13.11.2018

31253614H

36000171-I/17

Denegación 17.12.2018

35285603S

36000472-I/01

Suspensión 17.1.2019

Procedemento BS650G:

Núm. DNI/NIE

Nº de expediente

Resolución e data

35781780J

36000593-X/03

Suspensión 14.12.2018

Y1616873X

36000622-X/17

Caducidade 22.11.2018

36165569R

36000614-X/17

Caducidade 22.11.2018

76929141Y

36001188-X/00

Suspensión 14.12.2018

46560711V

36000066-X/18

Caducidade 22.11.2018

Y2173592Z

36000210-X/18

Caducidade 22.11.2018