Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Venres, 15 de marzo de 2019 Páx. 14259

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 296/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Manuel Bertrand Pérez Peña contra Servicios de Ingeniería y Montajes Alén, Neo Energy Solutions, S.L.B. e Raam Logistic, S.L., sobre reclamación de cantidade, rexistrado co número de procedemento ordinario 296/2018, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Servicios de Ingeniería y Montajes Alén, Neo Energy Solutions, S.L.B. e Raam Logistic, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 10 de xuño de 2019, ás 11.00 horas, na planta baixa, sala 1, Edificio rúa Berlín, para a celebración dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderán comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberán acudir con todos os medios de proba de que se intenten valer, coa advertencia de que é única convocatoria e que estes actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese ás destinatarias de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretendan comparecer no acto de xuízo asistidas de avogado ou representadas tecnicamente por graduado social colexiado, ou representadas por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo co obxecto de que, unha vez trasladada esta intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Para que sirva de citación a Servicios de Ingeniería y Montajes Alén, Neo Energy Solutions, S.L.B. e Raam Logistic, S.L., expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza