Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Venres, 15 de marzo de 2019 Páx. 14308

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 26 de febreiro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-CO-461/2017-V e cinco máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-CO-461/2017-V e cinco máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c), da mesma lei.

A Coruña, 26 de febreiro de 2019

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que
se notifica

Enderezo

PSC-CO-461/2017-V

44824935M

Resolución

R/ Álvaro das Casas, 3-2º B, Edif. Mérida, Noia

PSC-CO-240/2018-PPM

53483528H

Resolución

Lg. A Madanela, 85-2º, Escarabote, Boiro

PSC-CO-1163/2018-ORS

79326981G

Resolución

Sofía Rivas, 15, Camariñas

PSC-CO-1314/2018-PPM

47363884F

Resolución

O Portiño, 65, A Coruña

PSC-CO-1317/2018-PPM

34898319M

Resolución

Claveles, 56, P. 5-2º A, A Coruña

PSC-CO-1350/2018-PPM

47362281Z

Resolución

Avda. Fernando Blanco, 59-4º esqda., Cee