En cumprimento do disposto no artigo 12 do Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos, faise pública a declaración de impacto ambiental (DIA) e a modificación da declaración de impacto ambiental dos proxectos de transformación en regadío das comunidades de regantes de Lamas-Ganade, Alta Limia, Corno do Monte e San Salvador de Sabucedo, nos concellos de Xinzo de Limia, Trasmiras e Porqueira (Ourense), promovida pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural da Consellería do Medio Rural. A citada declaración poderá ser consultada na páxina web da Consellería do Medio Rural (https://mediorural.xunta.gal/nc/areas/infraestruturas/avaliacion_de_impacto_ambiental/declaracions_de_impacto_ambiental/) e na da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2019
Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral de Desenvolvemento Rural