Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Venres, 15 de marzo de 2019 Páx. 14298

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 1 de marzo de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, de notificación do inicio do trámite de audiencia do expediente sancionador na orde social RL 2019/0001-1.

Intentada a notificación por correo certificado aos titulares das empresas que se indican a seguir sen que se puidese efectuar, notifícaselles mediante este anuncio o inicio do trámite de audiencia, de conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Dispoñen dun prazo de oito días, a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE, durante o cal poderán comparecer nas dependencias desta xefatura territorial, na rúa Salvador de Madariaga 9-1º (Centro Comercial Elviña) na Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, para coñecer o contido íntegro do expediente.

Efectuado este trámite, os suxeitos responsables poderán formular novas alegacións por termo doutros tres días, despois dos cales o expediente quedará visto para a proposta de resolución, de conformidade co artigo 18.4 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral sobre procedementos para a imposición de sancións por infraccións da orde social e para os expedientes liquidatorios de cotas da Seguridade Social.

A Coruña, 1 de marzo de 2019

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Acta inf. nº

Empresa

NIF

Concello

Materia

RL 2019/0001-1

I152018000128660

Construcciones J. Souto, S.L.

B15345945

Carballo

Seguridade e saúde

Documentos que constan no expediente:

– Acta de infracción.

– Xustificantes das notificacións.

– Alegacións da empresa.

– Informe da Inspección de Traballo e Seguridade Social.