No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 33, do 15 de febreiro de 2019, foron publicadas integramente as bases que van rexer a convocatoria para a provisión en propiedade dunha praza de funcionario/a de carreira, operario/a de obras e servizos básicos, integrada no grupo agrupación profesional, escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, polo sistema de oposición libre.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos na forma prevista nas propias bases.
A Estrada, 22 de febreiro de 2019
José C. López Campos
Alcalde