De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
O acto foi adoptado por quen se indica no anexo.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, sita na avenida da Habana, nº 79, 5º andar (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Ourense, 28 de febreiro de 2019
Victoria Núñez López
Xefa territorial de Ourense
ANEXO
Expediente |
Persoa interesada |
Acto de notificación |
Acto adoptado |
ANI-OU-91/2018-V |
34589734B |
Proposta de resolución de procedemento sancionador |
Pola instrutora |