Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Xoves, 14 de marzo de 2019 Páx. 14034

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 26 de febreiro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o acordo de inicio do procedemento de reintegro do expediente da subvención á contratación temporal de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil TR349L 2016/98-1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Intentouse a notificación por correo certificado ao titular da empresa citada no anexo, sen que fose posible, polo que se lle notifica por medio deste anuncio o acordo do inicio do procedemento de reintegro no correspondente expediente de subvención.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

O interesado dispón do prazo de quince días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para que poida realizar as alegacións e presentar a documentación que considere pertinente, entre a que debe constar unha relación da variación das altas e baixas do persoal adscrito, así como para comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña, na rúa Salvador de Madariaga, 9-1º, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Advírteselle que, de non presentar alegacións en tempo e forma, ditarase a resolución que corresponda respecto ao reintegro da subvención concedida.

A Coruña, 26 de febreiro de 2019

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Empresa

NIF

Concello

Materia

Data resolución

TR349L 2016/98-1

Orense Shoes, S.L.

B32459893

O Carballiño

Subvención á contratación temporal

17.1.2019