Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Xoves, 14 de marzo de 2019 Páx. 14005

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (ETX 33/2018).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 33/2018, seguido por instancia de Ángel Cagiao Sueiras contra Gestión Hostelera Abracane, S.L., sobre reclamación de salarios, ditouse decreto o 11 de xaneiro de 2019 polo que se declarou o executado en situación de insolvencia provisional e acordouse o arquivamento das actuacións, podendo interpoñer recurso directo de revisión no prazo de tres días. No devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Gestión Hostelera Abracane, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza