Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Xoves, 14 de marzo de 2019 Páx. 14008

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 27/2019).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 27/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Silvia Dobarro Álvarez contra Sigisfredo Omar Ruiz Mancilla, sobre ordinario, se ditou auto en que se despacha execución, impugnable en reposición no prazo de cinco días, o cal está á súa disposición na sede deste xulgado.

Para que lles sirva de notificación en legal forma a Sigisfredo Omar Ruiz Mancilla, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 20 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza