Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Mércores, 13 de marzo de 2019 Páx. 13874

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 903/2017).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 903/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Manuel Agra Rosende contra Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U., Ambuibérica, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Visto o estado das presentes actuacións, sinálase novamente para a celebración dos actos de conciliación e xuízo o próximo día 5.6.2019, ás 11.05 e 11.10 horas, respectivamente. Cítense para o efecto as partes, para o cal se expedirán os despachos oportunos, cos apercibimentos contidos na primeira cédula.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se deberá interpor ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que esta contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Ambunova Servicios Sanitarios, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza