Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Mércores, 13 de marzo de 2019 Páx. 13935

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de información pública sobre o expediente expropiatorio urbanístico para a execución da obra de acondicionamento da rúa Casanova, no concello de Leiro.

A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Ourense, por delegación de competencia do Pleno, na súa sesión ordinaria do 28 de xaneiro de 2019, adoptou o acordo de aprobar inicialmente o proxecto de expropiación urbanística para a execución da obra de acondicionamento da rúa Casanova, no concello de Leiro, e someter este a información pública.

Unha vez visto o exposto, faise público o citado proxecto de expropiación, o cal se tramita polo procedemento previsto no artigo 117 e seguintes da Lei 2/2016, do solo de Galicia, e no cal o beneficiario é o Concello de Leiro, para que, de conformidade co disposto no artigo 118 da dita lei, polo prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, os interesados poidan examinar o expediente na Sección de Patrimonio e Expropiacións da Deputación Provincial de Ourense (rúa Progreso, nº 32, Ourense 32003) e formular as alegacións que xulguen oportunas.

Parcela expte.

Referencia catastral

Tipo parcela

Propietario

M2 exprop.

A

2012316NG7911S0001JB

Solo urbanizado

Herdeiros de Margarita Dafonte Estévez

10,80

B

2012313NG7921S0001DQ

Solo urbanizado

Urbano Giráldez Alén

18,95

• Información: Sección de Patrimonio e Expropiacións; rúa Progreso, nº 32, 32003, Ourense. Teléfono 988 31 75 36; correo electrónico: patrimonio@depourense.es

Ourense, 11 de febreiro de 2019

Pablo Pérez Pérez
Deputado delegado de Cooperación