Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Mércores, 13 de marzo de 2019 Páx. 13881

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 27 de febreiro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente en materia de residuos CO-RES-2019-023 e cinco máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia segundo o disposto no artigo 46.

Os actos foron adoptados pola xefa territorial e polo instrutor do expediente.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na xefatura territorial, sita no Edificio Administrativo Monelos, Vicente Ferrer, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A Coruña, 27 de febreiro de 2019

Cristina Carrión Rodríguez
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Acto notificado

Acto adoptado por

CO-RES-2019-023

Ion Vaduva

Acordo de inicio

Xefa territorial

CO-RES-2019-024

Marian Vaduva

Acordo de inicio

Xefa territorial

CO-RES-2018-0192

Daniel Jiménez Romero

Resolución

Xefa territorial

CO-RES-2018-0204

Pascual Martínez Bellón

Proposta de resolución

Instrutor

CO-RES-2018-0219

Valeriano Óscar Sánchez Romero

Proposta de resolución

Instrutora

CO-RES-2017-0248

Jesús Manuel Regueiro Tenreiro

Primeira multa coercitiva

Xefa territorial