Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Mércores, 13 de marzo de 2019 Páx. 13929

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 26 de febreiro de 2019, da Área Provincial de Pontevedra, polo que se require a retirada dos mobles dunha vivenda desocupada, expediente PO-91/503, conta 83.

Ao abeiro do previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, requírese a aquelas persoas que puidesen ter dereito sobre os mobles que se atopan na vivenda desocupada, de titularidade do Instituto Galego da Vivenda e Solo, situada na rúa Anduriña, núm. 25, 3º C, Vigo (Pontevedra), para que, unha vez acreditado o dereito a eles, os retiren do inmoble no prazo de quince días a partir da publicación deste anuncio. Transcorrido o dito prazo, consideraranse bens abandonados para todos os efectos, segundo o establecido no artigo 703.1 da Lei de axuizamento civil.

Para proceder á entrega dos utensilios deberán dirixirse á Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Alcalde Hevia, núm. 7, Pontevedra (teléfono 986 80 56 15).

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 26 de febreiro de 2019

María Martínez Allegue
Xefa da Área Provincial de Pontevedra