Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Martes, 12 de marzo de 2019 Páx. 13785

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Antas de Ulla

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial do proxecto de delimitación de solo de núcleo rural de Alemparte.

Unha vez aprobado inicialmente, mediante o Acordo do Pleno do día 29 de xuño de 2017, o proxecto de delimitación de solo de núcleo rural de Alemparte, de acordo co artigo 78 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese este novamente a información pública por un prazo de dous meses, retrotraendo o expediente á fase inicial do procedemento, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, no xornal El Progreso de Lugo e no xornal La Voz de Galicia.

Durante ese prazo, calquera interesado poderá examinalo nas dependencias municipais para formular as alegacións que considere pertinentes.

Antas de Ulla, 20 de febreiro de 2019

Javier Varela Pérez
Alcalde