Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Martes, 12 de marzo de 2019 Páx. 13726

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 25 de febreiro de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente sancionador en materia de animais domésticos e salvaxes en catividade ANI-LU-0065/2018-V.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto obxecto de notificación foi adoptado pola xefa territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, na sede da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A citada xefatura territorial ten a súa sede na rolda da Muralla, nº 70, 2º, do termo municipal de Lugo.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 25 de febreiro de 2019

Margarita López Blanco
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: ANI-LU-0065/2018-V.

Interesado: Daniel Alves García.

Acto notificado: resolución.