Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Martes, 12 de marzo de 2019 Páx. 13769

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 25 de febreiro de 2019 polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas, por comparecencia, en varios expedientes de liquidacións de préstamos hipotecarios, por non ocupación da vivenda de promoción pública e outras causas.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro da notificación deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, no Servizo de Réxime Xurídico e Inspección do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Área Central, s/n, As Fontiñas, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2019

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Expediente

DNI/NIE

OR 82210:39

10035397Z

OR 82210:39

10055639Q

OR 82210:40

34928830H

OR 82210:40

26704171K

PO 85210:35

91190036 3 (tarxeta de identificación portuguesa)

Acto obxecto de notificación:

Notificación (artigo 572 da Lei de axuizamento civil), da cantidade exixible resultante de liquidación de préstamo con garantía hipotecaria sobre a vivenda de promoción pública adquirida ao Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Trátase dun acto de simple trámite, polo que de conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 39/2015, non poderá interpoñerse ningún recurso.