Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Luns, 11 de marzo de 2019 Páx. 13576

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (DOI 778/2018).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 778/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Blanco Arnejo, se ditou a seguinte resolución:

Acordo:

– Ter por desistido a Manuel Blanco Arnejo da súa demanda.

– Arquivar as actuacións una vez que sexa firme esta resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos e déixese certificación del no procedemento da súa razón.

Para que sirva de notificación en legal forma aos codemandados Gimnasio Ímpetu, S.L. e Martín Villamil Enríquez, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto o sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza