Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Luns, 11 de marzo de 2019 Páx. 13614

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 15 de febreiro de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifican os requirimentos da documentación necesaria para resolver o expediente de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas.

Intentada a notificación, ás persoas interesadas que se especifican no anexo, do requirimento da documentación necesaria para resolver os expedientes de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas, e non sendo posible a súa práctica, notifícanselles por medio deste anuncio co fin de que poidan coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para tal efecto, os/as interesados/as poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desde anuncio, nas dependencias da Xefatura Territorial (Tarxeta Sanitaria), sita na avenida de Zamora, nº 13, 4ª planta, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírtese que, conforme o artigo 68.1 da dita Lei 39/2015, de non xuntaren os documentos que lles son requiridos no mencionado prazo, se considerará que desisten da súa petición.

Ourense, 15 de febreiro de 2019

Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente: 16517.

DNI/NIE /PAS: Y5333096P.

Último enderezo coñecido: rúa do Carballo, nº 3, A01, 32002 Ourense.

Nº de expediente: 18236.

DNI/NIE /PAS: P13283552.

Último enderezo coñecido: rúa Eloy Luis André, nº 6, 1º A , 32600 Verín (Ourense).