Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Venres, 8 de marzo de 2019 Páx. 13358

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de información pública (expediente 2018/X999/002139).

Mediante a Resolución da Alcaldía 271/2019, do 1 de febreiro de 2019, tomouse en consideración a proposta de convenio urbanístico presentada pola entidade Obras Guacal, S.L., para a execución da rotonda na estrada AC-552, prevista no Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) como actuación urbanística de sistema viario en solo urbano consolidado, identificada como SX-VI/AU06, na zona da Revolta, en Carballo.

O que se somete a información pública por un prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co disposto no artigo 168 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, co fin de que as persoas que se consideren afectadas por el poidan examinar o expediente e deducir, de ser o caso, as alegacións ou observacións que xulguen oportunas.

O texto íntegro poderá consultarse na Oficina técnica municipal, das 10.00 ás 13.00 horas, e na páxina web do Concello no seguinte enlace:

http://www.carballo.org/media/documentos/documentacion_completa_guacal_compressed.pdf

Carballo, 26 de febreiro de 2019

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde