Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Venres, 8 de marzo de 2019 Páx. 13287

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 298/2018).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 298/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Yolanda García Aranda contra Vinoteca Oser, S.L., Q28190144H e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Resolvo que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Yolanda García Aranda contra a entidade Vinoteca Oser, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Vinoteca Oser, S.L. a que lle aboe á demandante a cantidade de 1.723,03 euros brutos en concepto de cantidades debidas por salarios devindicados en novembro e decembro de 2017, a compensación económica polas vacacións non desfrutadas e as prestacións de incapacidade temporal (do 14 ao 20 de decembro), incrementadas as citadas cantidades no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor ningún recurso.

Para que sirva de notificación en legal forma a Vinoteca Oser, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza