Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Venres, 8 de marzo de 2019 Páx. 13346

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 11 de febreiro de 2019 pola que se notifica o prazo de alegacións en acceso a expediente por parte dun cidadán.

De acordo co establecido polo artigo 27 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, se a información solicitada puidese afectar dereitos ou intereses de terceiros, debidamente identificados, concederáselles un prazo de quince (15) días para que poidan realizar as alegacións que consideren oportunas. O solicitante deberá ser informado desta circunstancia, así como da suspensión do prazo para ditar resolución ata que se reciban as alegacións ou transcorrese o prazo para a súa presentación (artigo 19.3 da Lei 19/2013).

O 7 de maio de 2018 solicitouse información á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sobre a existencia dalgún expediente de reposición de legalidade urbanística sobre unha parcela cuxa titularidade catastral, entre outros, corresponde a Jennifer Díaz Rodríguez.

Ao non poderse realizar a notificación persoal do trámite de audiencia a Jennifer Díaz Rodríguez, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á interesada o dito trámite por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

A interesada disporá dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para alegar e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimiento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2019

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística