Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Venres, 8 de marzo de 2019 Páx. 13352

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 19 de febreiro de 2019 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/115/2018-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 16 de novembro de 2018, incoar o expediente de reposición da legalidade urbanística en relación coas obras consistentes na construción dunha vivenda unifamiliar, de planta alta e planta baixa, con cuberta a dúas augas e coas fachadas recubertas en pedra na súa maior parte, sen vinculación a unha explotación agrícola ou gandeira, na execución dunha construción auxiliar feita de madeira, plástico e pranchas grecadas na cuberta e destinada a taller doméstico, na execución dunha segunda construción auxiliar dedicada a leñeiro, con cuberta de chapa a unha auga e na execución de movementos de terra para a creación dunha plataforma ou explanada pola que se accede á planta alta da vivenda e na cal se sitúa a construción auxiliar dedicada a taller doméstico, levadas a cabo no lugar de Ourdiñeira, Froxán, no termo municipal de Folgoso do Courel, provincia de Lugo.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo a Ignacio Robustiano Martínez Pérez, mediante a presente cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao interesado o devandito acordo mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado dispón dun prazo de 15 días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para presentar os documentos e xustificacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios dos que pretenda valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2019

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística