Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, pola Orde da Consellería de Facenda do 1 de marzo, publicada no Diario Oficial de Galicia número 47, do 7 de marzo, modificada pola Orde do 13 de marzo de 2018, publicada no Diario Oficial de Galicia número 59, do 23 de marzo, e de conformidade co establecido nas bases da dita convocatoria, esta consellería
DISPÓN:
Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, coa composición que se relaciona no anexo.
Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2019
Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda
ANEXO
Corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma
de Galicia, subgrupo A2
• Tribunal titular:
Presidencia: Vanessa Cal Ríos, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
Secretaría: Alejandro Crespi Rodríguez, persoal funcionario do corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
Vogais:
– Miguel Ángel Palacios Rodríguez, persoal funcionario do corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
– Laura Suárez Fernández, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
– Mercedes Patricia Toubes Navarro, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
• Tribunal suplente:
Presidencia: Víctor Manuel Martínez Lago, persoal funcionario do corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de finanzas.
Secretaría: Cristina Benita Alonso Núñez, persoal funcionario do corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
Vogais:
– Lino Sexto Bermúdez, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
– Patricia Villajos Grande, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
– Lourdes Vilachán Angueira, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.