Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Venres, 8 de marzo de 2019 Páx. 13335

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 11 de febreiro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución de finalización do expediente sancionador 2018300AL-CO por recoñecemento de responsabilidade e pagamento voluntario.

Non se puido levar a cabo a notificación da resolución de finalización do expediente sancionador 2018300AL-CO incoado a Wok City, S.L.

De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á súa notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderá consultar o expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade, sita na rúa Durán Loriga, 3 (A Coruña).

A resolución non esgota a vía administrativa e poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A Coruña, 11 de febreiro de 2019

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2018300AL-CO.

Interesada: Wok City, S.L. (Wok City).

DNI/NIF/CIF: B70276886.

Último enderezo coñecido: estrada Baños de Arteixo, 43, 15008 A Coruña.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.