Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Xoves, 7 de marzo de 2019 Páx. 12999

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 321/2017).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 321/2017 deste xulgado do social se ditou a Sentenza do 7 de febreiro de 2019, co número 59/2019, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Vistos por min, Paula Méndez Domínguez, maxistrada do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, estes autos de procedemento ordinario 321/2017, seguidos por instancia de Jaime Picallo Díaz, representado e asistido polo letrado Sr. Viqueira Nouche, contra Stylo Baño e Interiorismo, S.L., que non compareceu ao xuízo oral, tendo sido citado o Fondo de Garantía Salarial, que non compareceu ao xuízo oral, en virtude das facultades que me foron dadas pola Constitución española e en nome do rei, dito esta sentenza con base no seguinte:

Resolvo que, estimando parcialmente a demanda interposta por Jaime Picallo Díaz contra Stylo Baño e Interiorismo, S.L., debo condenar e condeno a mercantil demandada, Stylo Baño e Interiorismo, S.L., a aboarlle ao demandante a suma de 20.083 euros netos polos conceptos indicados no feito probado terceiro desta sentenza, incrementada cos xuros previstos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata esta resolución, e os do artigo 576 da Lei de axuizamento civil a partir desta resolución.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, non procede a súa condena nesta instancia e deberase observar o que resulte da aplicación do artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e ao Fogasa e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación, para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Stylo Baño e Interiorismo, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza