Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Xoves, 7 de marzo de 2019 Páx. 13033

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 14 de febreiro de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifican dous expedientes sancionadores por infracción do Decreto lexislativo 1/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma en Galicia en materia de política industrial (expediente PO 17/2018-RAE e un máis).

De conformidade co disposto no artigo 44.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), as notificacións que non fose posible efectuar faranse por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado e a súa publicación no boletín oficial da comunidade autónoma é facultativa.

Polo anterior, e despois de tentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles aos interesados que constan no anexo, por este anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Os interesados poderán comparecer no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas dependencias do Servizo de Coordinación Industrial de Vigo da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situado na Praza da Estrela, s/n 36201 en Vigo (Pontevedra), para o coñecemento íntegro do acto notificado e constancia del. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Vigo, 14 de febreiro de 2019

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado/a

Expediente

Acto

Municipio

Ascensores Eninter S.L.

PO 17/2018-RAE

Acordo de inicio

Pontevedra

Iñaki Rodríguez Rodríguez

PO 21/2017-IC

Acordo de inicio

Lugo