Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Xoves, 7 de marzo de 2019 Páx. 13027

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Viveiro (expediente IN407A 2018/8700 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013 do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Viesgo Distribución Eléctrica, S.L.

Domicilio social: rúa Isabel Torres, 25, PCTCAN, 39011 Santander.

Denominación: ampliación S.E. Boimente 132 kV, nova posición de liña 132 kV.

Situación: concello de Viveiro.

Características técnicas: consiste a ampliación da subestación de Boimente na equipación dunha nova posción de liña de 132 kV equipada con aparellaxe convencional.

A composición de posición de liña está formada por:

• 2 seccionadores tripolares de illamento de barras.

• 1 interruptor de potencia tripolar.

• 3 transformadores de intensidade.

• 1 seccionador de liña tripolar con coitelas de posta a terra.

• 3 autoválvulas de protección.

• 3 transformadores de tensión de liña indutivos.

• 2 illadores soporte para embarrado secundario.

Instálase tamén un armario de mando, control e protección para a nova posición de liña de 132 kV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 20 de febreiro de 2019

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo