Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Mércores, 6 de marzo de 2019 Páx. 12868

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Alfoz

ANUNCIO de información pública sobre o expediente de delimitación de solo do núcleo rural de Vilaúde, San Pedro de Mor.

De conformidade co disposto no artigo 78.2.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, exponse a información pública o expediente de delimitación de solo do núcleo rural de Vilaúde na parroquia de San Pedro de Mor, deste termo municipal, subscrito polo arquitecto Carlos Rico Caramés.

O expediente sométese a información pública polo prazo de dous meses, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal se poderá examinar no Servizo de Urbanismo e Obras, das 8.00 ás 15.00 horas, de luns a venres hábiles, e formular as alegacións e observacións que se consideren procedentes.

Alfoz, 14 de febreiro de 2019

O alcalde
P.D. (Decreto Alcaldía nº 4/2018)
Xabier Pardiñas Suárez
Concelleiro delegado de Urbanismo