Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Mércores, 6 de marzo de 2019 Páx. 12797

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2019 pola que se publica o plan de estudos de máster universitario en Computación de Altas Prestacións/High Performance Computing (máster conxunto da Universidade da Coruña e a Universidade de Santiago de Compostela).

O máster universitario en Computación de Altas Prestacións/High Performance Computing obtivo a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, e a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia para a súa implantación. Por Acordo do Consello de Ministros do 3 de agosto de 2018 estableceuse o carácter oficial do título e a súa inscrición no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos (RUCT) (publicado no Boletín Oficial del Estado, BOE, do 7 de setembro, por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 29 de agosto de 2018).

Polo exposto, de conformidade co disposto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007,

resolvo:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Computación de Altas Prestacións/High Performance Computing pola Universidade da Coruña e a Universidade de Santiago de Compostela, que se estrutura segundo consta no anexo.

A Coruña, 19 de febreiro de 2019

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO

Plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Computación de Altas Prestacións/High Performance Computing pola Universidade da Coruña e a Universidade de Santiago de Compostela

Código RUCT: 4316445.

Plan de estudos que se inicia no curso 2018/2019.

Estrutura das ensinanzas (Real decreto 1393/2007, anexo I, apartado 5.1).

1. Rama de coñecemento a que se adscribe o título: Enxeñaría e Arquitectura.

2. Distribución do plan de estudos en créditos ECTS, por tipo de materia:

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias (OB)

27

Optativas (OP)

12

Prácticas externas (PE)

6

Traballo fin de máster (TFM)

15

Total

60

3. Contido do plan de estudos.

Disciplina

Carácter

Créditos ECTS

Arquitecturas de Altas Prestacións/High Performance Architectures 

OB

6

Programación Paralela/Parallel Programming 

OB

6

Programación de Arquitecturas Heteroxéneas/Heterogeneous Programming 

OB

6

Infraestruturas de Altas Prestacións/High Performance Infrastructures

OB

6

Taller de Proxectos/Projects Workshop 

OB

3

Ferramentas para HPC/HPC Tools 

OP

6

HPC na Nube/HPC on the Cloud

OP

6

Programación Paralela Avanzada/Advanced Parallel Programming 

OP

6

Análise de Datos con HPC/Data Analytics with HPC 

OP

6

Prácticas Profesionais (prácticas externas)/Professional Practices (Internship)

PE

6

Traballo fin de máster/Final Year Dissertation

TFM

15

A unidade temporal de todas as disciplinas é cuadrimestral e no curso existe un equilibrio de créditos entre o 1º e o 2º cuadrimestre.

4. Condicións de terminación.

O alumnado, para obter o título de máster universitario en Computación de Altas Prestacións/High Performance Computing, deberá superar 60 créditos ECTS, distribuídos como se indica no punto 2, e acreditar un dominio de inglés equivalente ao nivel B1 conforme ao Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MECR).