Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Mércores, 6 de marzo de 2019 Páx. 12828

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 12 de xaneiro de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de valorización de materiais procedentes do fresado de estradas en Vilafría, concello do Porriño, promovido por Narom, S.L. (clave 2015/0020).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 41, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do proxecto de valorización de materiais procedentes do fresado de estradas en Vilafría, concello do Porriño (Pontevedra), promovido por Narom, S.L.

Este informe de impacto ambiental pódese consultar na ligazón http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, baixo).

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático