Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Mércores, 6 de marzo de 2019 Páx. 12876

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Silvaldes, S. Coop. Ltda.

ANUNCIO de liquidación e extinción da cooperativa.

A Asemblea Xeral de Silvaldes, S.C.G. que tivo lugar o 12 de febreiro de 2019, cumprindo todos os requisitos legais e estatutarios, aprobou por unanimidade o seguinte balance de liquidación:

Activo

Pasivo

Banco C/C 911,28 euros

Fondos propios 911,28 euros

O activo ascende a 911,28 euros, sen que exista capital social para repartir entre os socios, e destinarase integramente a sufragar os gastos de tramitación da extinción da entidade.

San Mamede de Ribas de Miño, 13 de febreiro de 2019

As liquidadoras
Josefa Penas Rodríguez
Dolores Rodríguez Rodríguez
María Isabel Fernández Cabado