Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Mércores, 6 de marzo de 2019 Páx. 12851

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 27 de febreiro de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2019005AL-LU, por infracción en materia sanitaria.

Con data do 8 de febreiro de 2019, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2019005AL-LU, incoado á persoa que se sinala no anexo.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita lei, notifícaselle á persoa interesada o contido do referido acordo que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto nos artigos 64.2.f) e 76 da Lei 39/2015, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, e lembráselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita na rúa Montevideo, 9, de Lugo, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Advírtese que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio alcanzará o carácter de proposta de resolución, consonte o establecido no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015.

Así mesmo, comunícaselle que antes da resolución do procedemento ten dereito a que se apliquen as reducións no importe da sanción establecidas no artigo 85 da citada Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da xa citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 27 de febreiro de 2019

A xefa territorial de Lugo
P.S. (Decreto 33/2014 da Consellería de Sanidade do 18.3.2014)
Jacobo Varela Suanzes-Carpegna
Xefe do Servizo de Xestión de Lugo

ANEXO

Nº expediente: 2019005AL-LU.

DNI da persoa interesada: 33828995C.

Último enderezo coñecido: avenida Terra Chá, 28, 27377 Cospeito.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia de seguridade alimentaria. Tamén se confirma a medida provisional de suspensión da actividade adoptada polo persoal inspector veterinario de Saúde Pública con data do 24.1.2019.

Tipificación provisional: unha infracción grave.

Sanción proposta: cinco mil un euros (5.001,00 €).