Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Martes, 5 de marzo de 2019 Páx. 12629

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2019 pola que se nomea profesorado funcionario dos corpos docentes universitarios con praza asistencial vinculada a María del Carmen Vidal Pan.

De conformidade coas propostas elevadas polas comisións nomeadas para xulgar os concursos para a provisión de prazas dos corpos docentes universitarios, convocados mediante resolución conxunta desta universidade e do Servizo Galego de Saúde do 12 de novembro de 2018 (BOE do 28 de novembro), e unha vez que as persoas interesadas presentaron a documentación a que fai referencia a base oitava da convocatoria,

Esta reitoría, en uso das atribucións conferidas polo artigo 65 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), e o artigo 85 dos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro (DOG do 12 de febreiro), e demais disposicións concordantes, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.

Estes nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión por parte das persoas interesadas, que deberá efectuarse no prazo máximo de vinte (20) días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses, contado desde o seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, os interesados poderán interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que ditou o acto, sen que neste caso se poida interpor o recurso contencioso-administrativo ata que non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, conforme o previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2019

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Nº de concurso: 2404-V/18

Código da praza:

C01802

Apelidos e nome:

Vidal Pan, María del Carmen

DNI/NIE

3245****E

Corpo:

Profesora titular de universidade vinculada coa categoría asistencial de facultativa especialista de área

Especialidade:

Alergoloxía

Área de coñecemento:

Medicina

Departamento:

Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina

Institución sanitaria:

Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela

Localidade:

Santiago de Compostela