Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Martes, 5 de marzo de 2019 Páx. 12622

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2019 pola que se publica a modificación do plan de estudos do máster universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria.

O plan de estudos da titulación de máster universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria pola Universidade da Coruña foi publicado por Resolución do 30 de abril de 2018 no Boletín Oficial del Estado (BOE), do 22 de maio, unha vez establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 7 de outubro de 2016 (publicado no BOE do 26 de outubro por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 14 de outubro de 2016).

A Universidade da Coruña presentou unha solicitude de modificación do plan de estudos do dito máster que afectou a denominación de dúas especialidades e que obtivo o informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).

O Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, modificado polo Real decreto 861/2010, do 2 de xullo, dispón no artigo 28 o procedemento para a modificación de plans de estudo conducentes á obtención de títulos xa verificados.

Polo exposto,

RESOLVO:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria pola Universidade da Coruña coas modificacións aprobadas, que se estrutura segundo consta no anexo e con efectos desde o curso académico 2018/19.

A Coruña, 16 de xaneiro de 2019

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO

Plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria pola Universidade da Coruña

Código RUCT: 4315773.

Plan de estudos que se inicia no curso 2018/19 por modificación do anterior.

Estrutura das ensinanzas (Real decreto 1393/2007, anexo I, número 5.1).

1. Rama de coñecemento a que se adscribe o título: Ciencias Sociais e Xurídicas.

2. Distribución do plan de estudos en créditos ECTS, por tipo de materia:

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias (OB)……..….……………...…

Optativas (OP)...……………………………

Prácticas externas (PE)...…………………

Traballo fin de máster (TFM)……...………

Total ……….......................……………….

66

30

12

12

120

3. Especialidades do título:

– Migracións Internacionais.

– Xénero e Políticas de Igualdade.

– Envellecemento e Transformacións Familiares.

O alumnado pode elixir realizar os 30 créditos ECTS optativos correspondentes a un único módulo dos tres optativos e obter o título cunha das especialidades indicadas anteriormente, ou ben elixir os ditos 30 créditos entre o total dos créditos ofertados nos tres módulos optativos e así obter o título sen especialidade.

4. Contido do plan de estudos.

Primeiro curso:

Módulo

Materia

Carácter

Créditos ECTS

Módulo teórico

Políticas Sociais en Perspectiva Comparada

OB

6

Austeridade e Precariedade na Era da Globalización

OB

6

Modelos de Provisión do Benestar

OB

6

Dimensión Ética e Procesos Educativos na Acción Social

OB

6

Pobreza e Desigualdade: Debates, Medicións e Identificación de Grupos en Risco de Exclusión

OB

6

Identidade, Alteridade e Interseccionalidade

OB

6

Módulo metodolóxico

Fontes de Información e Técnicas Estatísticas para a Análise das Políticas Sociais

OB

6

Técnicas Cualitativas para a Análise dos Discursos e as Realidades Sociais

OB

6

Deseño, Xestión e Avaliación de Políticas Sociais

OB

6

Investigación-Acción Participativa, Acción Comunitaria e Xestión das Organizacións Sociais

OB

6

Segundo curso:

Módulo

Materia

Carácter

Créditos ECTS

Módulo Optativo de Migracións Internacionais

Integración e Convivencia Intercultural

OP

4,5

Políticas Migratorias e Dereito das Migracións

OP

6

Historia e Teorías dos Movementos Migratorios

OP

6

O Modelo Migratorio Español

OP

3

Cooperación, Migración e Desenvolvemento

OP

4,5

Migracións e Mercado de Traballo

OP

6

Módulo Optativo de Xénero e Políticas de Igualdade

Historia das Teorías Feministas

OP

6

Xénero, Traballo e Coidados

OP

6

Xénero e Sexualidade. Desafíos e Respostas

OP

3

Distintas Formas de Violencia contra as Mulleres

OP

3

Orientación Socioeducativa para a Igualdade

OP

6

Políticas de Igualdade

OP

6

Módulo Optativo de Envellecemento e Transformacións Familiares

Cambios Sociodemográficos e Territoriais

OP

6

Políticas de Atención ás Persoas Maiores

OP

6

Diversidade Familiar, Relacións Interxeracionais e Mediación Familiar

OP

6

Intervención Socioeducativa con Persoas Maiores

OP

6

Aspectos Socioeconómicos da Vellez

OP

6

Módulo de TFM e Prácticas Externas

Deseño de Proxectos e Traballos de Investigación

OB

3

Taller de Actualización e Transferencia

OB

3

Prácticas Externas

PE

12

Traballo fin de máster

TFM

12

A unidade temporal de todas as materias é cuadrimestral e en cada curso existe un equilibrio de créditos entre o 1º e o 2º cuadrimestre.

5. Condicións de terminación.

O alumnado deberá superar 120 créditos ECTS, distribuídos como se indica no punto 2, para obter o título de máster universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria.