Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Luns, 4 de marzo de 2019 Páx. 12194

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

EXTRACTO da Orde do 15 de febreiro de 2019 pola que se convocan os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2017/18.

BDNS (Identif.): 441671.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Persoas beneficiarias

Alumnado que cursou estudos de formación profesional de grao superior en 2017/18 (presencial ou a distancia) nalgún centro educativo da Comunidade Autónoma de Galicia e rematou en 2018, cunha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,50.

Segundo. Obxecto

Premios extraordinarios de formación profesional para o alumnado que realizou estudos de formación profesional de grao superior no curso 2017/18 na Comunidade Autónoma de Galicia e rematou en 2018. O alumnado premiado poderá concorrer, logo da súa inscrición, ao correspondente premio nacional de formación profesional de grao superior.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde EDU/2128/2011, do 15 de xullo (BOE de 28 de xullo), que crea e regula os premios nacionais de formación profesional de grao superior establecidos pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Cuarto. Importe

Vinte e tres (23) premios extraordinarios (un por cada familia de formación profesional de grao superior implantada na Comunidade Autónoma de Galicia) cunha dotación total de 19.550 €, que non poderán exceder 850 € por premio.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2019

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional