Expediente: IN407A 2017/151-1.
Promotora: Sucesores de Manuel Leira, S.L.
Denominación da instalación: LMT, CT Modias-CT Río Castro-CT Pombal, CTC Río Castro e addenda núm. 1.
Concello: Cabanas.
Feitos.
1. O 6 de outubro de 2017, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica.
2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 38 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).
3. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.
4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.
Consideracións legais e técnicas.
1. A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
2. O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
3. O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
4. O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
5. O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.
6. A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).
7. As características técnicas da instalación son as seguintes:
– Centro de transformación interior CTC Río Castro, en envolvente prefabricada de formigón, que inclúe dúas celas de entrada/saída de liña motorizadas e unha cela de protección mediante fusibles para un transformador de 160 kVA, para servizos auxiliares e a conexión de rede de baixa tensión, no lugar denominado Río Castro, no concello de Cabanas.
– Liña soterrada en condutor tipo RHZ1-2OL 3×(1×150) mm2 AI, de 499 metros, coa orixe na cela de liña no CTC. Modias e remate na cela de liña no CTC Río Castro.
– Liña soterrada en condutor tipo RHZ1-2OL 3×(1×150) mm2 AI, de 499 metros, coa orixe na cela de liña no CTC Río Castro e remate nos empalmes a realizar na LMT a CT Modias-CT Pombal.
Cadro de BT de 4 saídas e interruptor diferencial para a conexión coa rede existente de baixa tensión.
O orzamento da instalación, segundo o proxecto, é de 114.931,07 €.
8. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.
De acordo con todo o indicado,
RESOLVO:
1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación de distribución eléctrica.
2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:
• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.
• Un certificado do/a director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.
4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, nos termos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.
A Coruña, 5 de febreiro de 2019
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña